Call For Papers

Se queres presentar un relatorio á XI Xornada de Usuarios de R en Galicia, podes facelo dentro das datas que se especifican a continuación. Todos os resumos deben enviarse utilizando o botón que figura enlazado no fondo da páxina e cumprir os seguintes requisitos:

  • Os resumos deberán ter, como máximo, 4 páxinas.
  • Os traballos deben enviarse en formato pdf.
  • Os ficheiros dos resumos nomearanse do seguinte xeito:

"XI_XornadasR_Apelido.pdf"

onde "Apelido" debe ser o da persoa que realice a presentación.

Os traballos recibidos serán sometidos a revisión polo Comité Científico, e posteriormente notificarase por correo electrónico o resultado da revisión. 

Datas importantes

 Envío de resumos

30 de setembro

 Avaliación resumos

7 de outubro

Todos os traballos aceptados serán editados con posterioridade no Libro de Actas da Xornada, que estará dispoñible nesta mesma web

Call for papers