Información 2026
A XIII Xornada de Usuarios de R en Galicia terá lugar o día 17 de abril de 2026 no Edificio Multiusos do Concello de Melide. Formando parte do congreso esLibre que tamén se celebra en Melide durante os días 17 e 18 de abril.
Organizada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA) e patrocinada pola AMTEGA (Xunta de Galicia), como en edicións anteriores incluirá relatorios sobre temas de actualidade co obxectivo de promocionar o coñecemento da linguaxe estatística R e as súas aplicacións, así como proporcionar un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións do resto da comunidade.
Se queres realizar un relatorio sobre algún tema que che interese, tes toda a infomación no apartado call for papers. Se prefires enviarnos calquera outra suxestión tamén podes contactar con nós a través do formulario de contacto.
Esta iniciativa enmárcase dentro da subvención concedida pola Amtega para a realización de actividades de fomento do software libre en Galicia.

- Inicie sesión para enviar comentarios
